martes, 29 de enero de 2013

DÍA DA PAZ 2013

Mañá, 30 de xaneiro de 2013, conmemórase o
No noso centro, para conmemoralo:
- Decoramos unha árbore que fixeramos polo Nadal, con un montón de pombas:



- En cada clase, o alumnado elaborou un manifesto sinxelo comprometéndose a cumplilo cos compañeiros. 
Para que fose un compromiso mais formal elaborouse unha árbore:
A ÁRBORE DOS COMPROMISOS 
O tronco o forman os compromisos e as pólas e as follas están feitas cos nomes e as pegadas dos nenos, nenas e profes. Invitamos tamén ás familias a deixar a súa pegada na árbore. A ver se se animan!
Aquí tedes unha imaxe da árbore case rematada!


- O venres, 1 de febreiro, realizaremos unha carreira solidaria no pavillón. Basándonos en carreiras solidarias que fixemos noutras ocasións, este curso decidimos facela e xuntar fondos para algunha organización que se adique á investigación de enfermidades infantís. No cole elaboramos os dorsais para cada un, e invitamos as familias a presenciar os nosos percorridos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario