lunes, 16 de marzo de 2015

OUTRA EXPOSICIÓN DE LIBROS...

Recollidos os libros da exposición musical... e tendo en conta que o próximo 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA, aproveitamos para colocar outra colección de libros
.

O DÍA DA POESÍA, este ano, cadra en sábado, e ademais, o venres 20 non temos clase...

Así que, o día 19, imos ter no colexio un Programa Especial de "RADIO CABANAS" adicado á poesía... Nel invitamos a todos os nenos e nenas do colexio a participar recitando unha poesía; pode ser individual ou en grupo, orixinal ou escollida dalgún autor/a. Ademais, coa convocatoria deste programa de radio, invitamos ao alumnado a que escribira e ilustrara a súa poesía, para expoñela na parede da entrada do colexio...

Temos na parede uns paneis para que poidan pegar as súas poesías...


lunes, 9 de marzo de 2015

UNHA NOVA EXPOSICIÓN DE LIBROS...

Tendo en conta o noso proxecto anual "SON DE SON", decidimos, hoxe pola tarde, preparar unha sinxeliña mesa con LIBROS-DISCO ou... DISCOS-LIBRO... Como será??
Esperamos que vos gusten e os desfrutedes!!


Aquí vos deixamos unhas fotos da exposición...



jueves, 5 de marzo de 2015

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

Como xa ven sendo costume, dende fai xa varios anos, recibimos, hoxe, no noso cole a PATRICIA e ALEX, os contacontos de Kalandraka. 
A actividade é para todo o alumnado de Educación Infantil.
Para avisarnos da súa visita, recibimos hai uns días esta carta:
Fomos todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, ao rematar o recreo, para a AULA DE PSICOMOTRICIDADE, e alí, xa nos estaban esperando...


Estes son os contos que nos contaron:


domingo, 1 de marzo de 2015

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA, xa que ese día conmemórase o seu nacemento.
Cada curso, nas clases recordamos este día e tentamos celebralo dalgún xeito. Nesta ocasión, trasladamos a súa celebración ao venres seguinte, día 27. Así aproveitamos o noso programa de radio para adicalo a esta poetisa, recitando algúns dos seus poemas. Aquí vos deixamos algunhas fotos do recital radiofónico: