viernes, 6 de mayo de 2016

REMATOU O CLUBE DE LECTURA DE "O PRINCIPIÑO"

Remataron este luns, 2 de Maio, as actividades do Clube de Lectura sobre o libro “O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry;  comezadas en novembro do ano pasado.
Foi una longa e agradable viaxe. De carácter voluntario, desenvolveuse durante o  tempo de recreo e a sesión da “hora de ler” dos luns. Inicialmente contaba con 22 membros (de varios niveis), aínda que algúns abandonaron e outros  foron inconstantes. Os 14 máis comprometidos disfrutaron enormemente e así o fixeron saber. Noraboa a todos e a todas!!

Como broche final, convidamos a toda a Comunidade Educativa a asistir á proxeción da película co mesmo nome ,nos Cines Duplex de Ferrol; tendo esta convocatoria una excelente acollida (preto de 100 persoas).
Éstes son algúns retazos da nosa intensa vida…

Ata outra!
Aquí vos deixamos unhas fotos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada