jueves, 26 de mayo de 2016

CREATIVIDADE (7)

7ª sesión (26-05-16): TUBÉAME

A partires dun cartón, dos do papel hixiénico, cada alumno/a, empregando os recursos que tiñan á súa disposición nas aulas, creou algo orixinal. O cartón podíase cortar, dobrar, decorar,…
Cada traballo debía levar o seu título e o nome do autor/a, xa que logo se expuxeron na entrada do centro.









viernes, 20 de mayo de 2016

CONTACONTOS: PEDRO BRANDARIZ


Hoxe, como remate para esta Semana das Letras Galegas, visitounos o contacontos 
PEDRO BRANDARIZ
que traía na súa maleta “As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berengüela”, obra de teatro de Manuel María, que representou coa axuda de títeres. Esta actividade foi organizada polo Concello de Cabanas.

Deixámosvos un lote de fotos da súa actuación:



jueves, 19 de mayo de 2016

PROGRAMA Nº 9: DÍA DAS LETRAS GALEGAS (19-05-16)

Hoxe, tivemos  outro programa de radio especial: especial porque estivo adicado a Manuel María e as Letras Galegas; e especial tamén porque tivemos un invitado especial no noso programa de radio: o escritor e periodista especializado en economía

JULIÁN RODRÍGUEZ MOSCOSO
Julián Rodríguez Moscoso (A Coruña, 1968) es licenciado en Ciencias de la Información por la Universidad de Navarra y master en Economía por la Universidade de Vigo. Inició su trayectoria profesional en la cadena SER, para integrarse en 1991 en la sección de Economía de La Voz de Galicia. En el diario líder de la prensa gallega también fundó y coordinó el suplemento Los Domingos de La Voz, y desempeñó más tarde el cargo de jefe de Investigación. En 1999 accede a la dirección de El Adelanto de Salamanca, del grupo Zeta, para asumir el mismo puesto un año después en El Periódico Extremadura, también de Zeta, donde permanece otros cuatro años. Entre 2005 y 2008 ocupa el cargo de subdirector de la revista económica Capital, del grupo G+J. Actualmente colabora en varios medios, entre ellos el diario EL PAÍS y la TVG.Julián Rodríguez Moscoso, especializado en economía, es asimismo coautor de El laberinto gallego (Biblioteca Gallega), Estrategias para Galicia (Fundación Caixa Galicia) y Estrategias para España (Capital y Fundación Caixa Galicia). Obtuvo el Premio de Periodismo Pérez Lugín en 2004, año del centenario en la Asociación de la Prensa de A Coruña. -(Información procedente de EL PAÍS GLOBAL, e que saiu publicada na edición impresa do domingo, 25 de mayo de 2008)








Programa nº 9:
Coordinadora: ANDREA BRICEÑO (6º)Presentadores: MANUEL(5º) e LAURA (6º)
Técnicos de Son: PABLO (5º) e ALICIA (6º)

Alumnado participante: 3º, 4º e 5º de Primaria

Nivel de audiencia: 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria


Iniciamos o programa, coa sección de "ONOMÁSTICA, felicitando a todos os nenos e nenas que estiveron de aniversario dende o  anterior programa.
Logo, o alumnado de 3º, interpretou para todos a cantiga "A roda"  de Manuel María.
O alumnado de 4º, recitou uns poemas sobre a vida de Manuel María.
E logo, Manuel de 5º de Primaria entrevistou, en vivo e directo ao noso invitado Julián Rodríguez.
E, para rematar, o alumnado de 5º curso cos instrumentos e os de 4º cantando, interpretaron a cantiga "O GRILO".

Estade atentos porque en datas próximas incluiremos os vídeos do programa!!








CUESTIONARIO PARA O PROFESORADO

Solicitamos a colaboración do profesorado, cubrindo esta sinxela enquisa, que nos axudará a mellorar a nosa labor na Biblioteca Escolar.
Poderedes contestar ata o 27 de maio.

Grazas pola vosa colaboración!

CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS

Agradeceríamos cubrírades o seguinte cuestionario sobre a Biblioteca Escolar e algunhas actividades que desde ela se propoñen. Nos servirán de moita axuda para mellorar na nosa labor.
Poderedes contestar ata o 27 de maio.

Grazas pola vosa colaboración!

CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO

Estamos rematando o curso, e nos gustaría que cubrírades o seguinte cuestionario sobre a Biblioteca e algunhas actividades que desde ela vos propoñemos. 
Só vos levará uns minutiños, e a nós nos vai axudar moito para mellorar, coa vosa axuda, a nosa labor na Biblioteca.
Estará aberta ata o venres 27 de maio.

Anímádesvos? 
Grazas pola vosa colaboración!!


miércoles, 18 de mayo de 2016

2ª XORNADA DE CONVIVENCIA

Como o curso pasado, no día de hoxe, organizouse no noso centro, unha Xornada de Convivencia co alumnado e profesorado do CEIP SANTIAGO APÓSTOLO de Franza, Mugardos.

Ás dez da mañá, chegaron nun autobús os nenos e nenas do cole de Franza. 
Un alumno/a de cada clase das do noso colexio recibiu na entrada e acompañou a cada clase ao grupo do seu nivel. Estiveron un ratiño nas clases e despois, estaban organizadas unha serie de actividades para tres grupos diferentes: 

1. Alumnado de Infantil 
2. Alumnado de 1º a 3º de Primaria 
3. Alumnado de 4º a 6º de Primaria

Ao ser tantos nenos e nenas, as actividades organizáronse por turnos. Así, mentres uns cantaron e tocaron instrumentos na entrada do colexio...





 outros estiveron no pavillón xogando cos monitores de "La Guagua"...




e outros merendando no comedor...





Outra actividade que tamén fixeron os alumnos e alumnas de Primaria, foi compoñer uns puzzles co cartel conmemorativo da xornada, que foi pintado por partes nos días anteriores nos dous colexios.





Para rematar a xornada, xuntámonos todos no pavillón onde nos tiñan preparadas unhas actividades musicais os chicos e chicas de "La Guagua"



Antes de marchar, recibimos un agasallo adicado!!




Agradecemos moito o agasallo e tamén que a xornada fose éxito, en todos os aspectos. Quixeramos destacar o bo comportamento de todo o alumnado dos dous colexios, algo que, ademais, nos comentaron os monitores que estiveron con eles no pavillón. Temos alumnado exemplar e iso nos alegra moito!! 

Ata a próxima!!

viernes, 13 de mayo de 2016

CAMPAÑA PUBLICITARIA: FALA GALEGO!!

Estamos encantados porque temos no cole un alumnado moi creativo!!
Fíxadevos na campaña publicitaria que prepararon os nenos e nenas de 5º de Primaria, para animarnos a todos/as a empregar o noso idioma:



Para que poidades ver cada un dos carteis, aquí vos deixamos  a presentación que subiron ao blogue da clase: (ELADIA TERCERCICLO)



miércoles, 11 de mayo de 2016

CREATIVIDADE (6)

6ª sesión (11-5-16): OBSERVANDO
A partir dun vídeo, se anima ao alumnado a que atope as diferentes imitacións que realizan os personaxes. Trátase de que observen e identifiquen obxetos e accións.
Para iso, seleccionouse un vídeo dos humoristas "TRICICLE"


martes, 10 de mayo de 2016

17 DE MAIO DE 2016: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, o Día das Letras Galegas adícaselle a ...

MANUEL MARÍA

Aquí vos deixamos varios enlaces, para que poidades coñecer mais aspectos da súa vida e a súa obra: 




viernes, 6 de mayo de 2016

REMATOU O CLUBE DE LECTURA DE "O PRINCIPIÑO"

Remataron este luns, 2 de Maio, as actividades do Clube de Lectura sobre o libro “O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry;  comezadas en novembro do ano pasado.
Foi una longa e agradable viaxe. De carácter voluntario, desenvolveuse durante o  tempo de recreo e a sesión da “hora de ler” dos luns. Inicialmente contaba con 22 membros (de varios niveis), aínda que algúns abandonaron e outros  foron inconstantes. Os 14 máis comprometidos disfrutaron enormemente e así o fixeron saber. Noraboa a todos e a todas!!

Como broche final, convidamos a toda a Comunidade Educativa a asistir á proxeción da película co mesmo nome ,nos Cines Duplex de Ferrol; tendo esta convocatoria una excelente acollida (preto de 100 persoas).
Éstes son algúns retazos da nosa intensa vida…

Ata outra!
Aquí vos deixamos unhas fotos:



miércoles, 4 de mayo de 2016

CREATIVIDADE (5)

5ª sesión (04-05-16): INXENIO
Imos, desta vez, cunhas probas de inxenio...
A ver se sodes quen de resolvelas!!