viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN

Hoxe, no noso cole houbo moitas bruxas, esqueletos, monstros e outras criaturas...
No recreo, puideron desfrutar dos xogos que lles organizaron os profes e na Hora de Ler, a Biblioteca convertíuse nun recanto tenebroso, no que o alumnado de 3º de Primaria adicouse a contar contos de meeeeeedo...

Aquí tedes un montón de fotos para que vos busquedes...



Logo no comedor, continuaba a festa. Ademais de estar decorado para a ocasión (e, por suposto, o persoal perfectamente caracterizado!!), os comensales puideron desfrutar, entre outras sorpresas, deste postre especial:


Que boa pinta!!!

jueves, 27 de octubre de 2016

LOGOTIPO PARA O PROXECTO "CREATIVAMOS"(2)

Aquí tedes todos os logotipos que participan no concurso:





Mañá, venres 28 de outubro, no recreo, o alumnado e profesorado do centro votarán, para elixir ao que representará este proxecto común.

martes, 25 de octubre de 2016

"RECOMÉNDOCHE UN LIBRO"

Este é o título da actividade que plantexamos para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares:

lunes, 24 de octubre de 2016

CREATIVAMOS: MONICREQUES XIGANTES

A partir do vídeo que vos mostramos a continuación, téntase que o alumnado reflexione sobre a cantidade de persoas e oficios implicados na creación deste persoaxe. Ademais, nesta ocasión, se lle pide ao alumnado que escriban nun papel todos os adxectivos que se lles ocorran sobre o espectáculo mostrado no vídeo.
A nós xa se nos ocorre un: IMPRESIONANTE!!

24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, 24 de outubro, conmemoramos o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR. No noso cole estamos preparando unha actividade, da que, en breve, vos informaremos.

De momento, temos unha exposición de libros na entrada:

viernes, 21 de octubre de 2016

PROGRAMA Nº2 RADIO CABANAS (21/10/2016)

Segundo programa de radio deste curso. Nesta ocasión o alumnado de 5º curso de Primaria foi o encargado da súa elaboración.

Coordinador: MANUEL (6º)
Presentadoras: MENCÍA (6º) e PUERTO (5º)
Técnicos de Son: JAVI (5º) e CRISTIAN (6º)
Alumnado participante: 5º e 6º de Primaria

Audiencia: todo o alumnado do centro


Neste programa, o alumnado de 5º curso simulou un concurso televisivo moi coñecido:
"PASAPALABRA"
Para iso, estiveron, durante días, traballando moito, moito!!
Tiveron que preparar as preguntas e respostas, organizarse entre eles para repartirse os traballos (os que aguantaban os "roscos", os que ían colocando as letras verdes ou vermellas dependendo de se a resposta era correcta ou non, os presentadores que facían as preguntas, os que controlaban o tempo, os que representaban con son o acerto ou fallo,..., e por suposto, os concursantes!.
Foi un programa moi emocionante xa que, como no programa da tele, os nervios estaban no ambiente.
Por suposto, todos o fixeron moi ben e os concursantes nos demostraron que saben moito!!
Aquí vos deixamos unhas fotos do programa:




Ademais, Manuel (6º), foi o encargado de contarnos a predición meteorolóxica do fin de semana:

lunes, 10 de octubre de 2016

CREATIVAMOS: E A TI... QUE SE CHE DA BEN?

Hoxe, foi a nosa primeira sesión deste curso do noso proxecto "CREATIVAMOS". Nesta ocasión o alumnado puido ver un vídeo e logo falar daquelas cousas que se nos dan ben. Cada alumno/a escribiu nun "post-it" aquelo que se lle da ben (os de infantil llo dixeron ás profes e estas o escribiron por eles). Con todos eles preparouse, na parede das escaleiras, este
 "MURO DO TALENTO"

 

 

MAGO DIAPASÓN

Chegounos esta información ao colexio. Esperamos que vos resulte interesante!!






viernes, 7 de octubre de 2016

PROGRAMA Nº1 RADIO CABANAS (07/10/2016)

Primeiro venres de outubro, e primeiro programa de RADIO CABANAS.
O alumnado de 6º curso foi o encargado da súa planificación e posta en marcha. 


Coordinadora: OLAYA (6º)
Presentadoras: CAROLINA e NOA
Técnicos de Son: TEO e SANTI SEIJO
Alumnado participante: 6º de Primaria

Nivel de audiencia: Todo o alumnado do centro



Este programa estivo adicado ao novo alumnado do colexio, e, especialmente aos nenos e nenas de 4º de Infantil (3 anos). Por iso, os alumnos e alumnas de 6º botaron man dalgúns dos personaxes mais coñecidos polos pequenos: no programa de radio apareceron "A patrulla canina" e Bob Esponxa!!


Ademais, tivemos a actuación de dúas alumnas de 6º curso de Primaria, Ana e Olaya que nos interpretaron dúas cantigas acompañadas coas súas panderetas. Explicáronnos que levan desde os 3 anos practicando!!

Temos que dicir que temos uns alumnos e alumnas que son uns artistas!!!

CONTIDO DAS MOCHILAS

Imos ir incluíndo o contido de cada mochila, para que o poidades coñecer...






LOGOTIPO PARA O PROXECTO "CREATIVAMOS" (1)

Se recordades, o curso pasado, no terceiro trimestre, botamos a andar un proxecto no noso centro sobre a creatividade. AQUÍ, tedes a explicación de deramos no seu día.
Seguimos, este curso, co mesmo proxecto, aínda que cambiamos o seu día para o luns, na Hora de Ler. Ademais, imos ter unha sesión extraordinaria, os xoves no recreo e prolongado ata a Hora de Ler, que organiza Nati.

E, precisamos darlle mais entidade ao proxecto, polo que plantexamos para todo o alumnado un concurso para buscar un LOGOTIPO para o proxecto.
Aquí vos deixamos a información para participar:

jueves, 6 de octubre de 2016

EXPOSICIÓN: LIBROS DE INGLÉS

Na entrada da Biblioteca temos un expositor para que poidan estar á vista libros. Unhas veces, os libros son novidades, pero outras, son libros que temos na nosa Biblioteca e que nos parece interesante que se vexan un pouco mais.
O noso cole, desde este curso, é un cole PLURILÍNGÜE. Así que, para celebralo, no noso expositor, estes días temos moitos libros en inglés:

sábado, 1 de octubre de 2016

ARRANCAMOS!!!

Empeza o mes de outubro e con el empeza a funcionar a nosa Biblioteca!
Ademais do préstamo semanal, tamén iniciaron as súas rutas as MOCHILAS VIAXEIRAS. Este curso estrenamos mochilas novas!!
Esperamos que as disfrutedes!!