martes, 7 de noviembre de 2017

MINERAIS EN INFANTIL


Os nenos e nenas de 6º de Infantil, aproveitaron que Alberto (un papá do cole) trouxo unha colección de minerais para observalos con moita atención!
Fixádevos ben!





LENDAS E HISTORIAS NA COVA: A NENA DO ZUCRE E A CASA ENCANTADA

Nesta ocasión,  as narradoras foron: ESTEFANÍA e MARA de 6º EP




viernes, 3 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

Ás dez e media da mañá, comezou o noso día especial.
Tivemos un espectáculo de maxia, organizado para nós polo Concello de Cabanas. Nesta ocasión, os magos eran: ROMÁN GARCÍA e KIKO PASTUR. Estes irmáns presentaron un espectáculo que durou hora e media, e, vendo as fotos dos nenos e nenas do cole, podemos dicir que nos sorprenderon e que desfrutamos moito!



Despois do recreo, tiñamos todo preparado fóra (no novo patio de infantil) para o MAGOSTO, pero... a chuvia fíxonos trasladar todo para dentro. O alumnado de Primaria quedou no patio cuberto e o de Infantil na entrada do cole:






jueves, 2 de noviembre de 2017

CANCIÓN: O SAMAÍN

O alumnado de 1º de Primaria visitou ao de 6º de Infantil (5 anos) para cantarlles unha canción que levaba por título: "O SAMAÍN"



LENDAS E HISTORIAS NA COVA: A PEQUENA CASIÑA LARANXA


Nesta ocasión, SOFÍA e CLAUDIA de 6º curso de Primaria, escolleron unha historia sinxeliña para contarlles aos nenos e nenas de Infantil:
         
      "A PEQUENA CASIÑA LARANXA"















Ao rematar, os nenos e nenas de Infantil levaron unha casiña laranxa para a súa clase!

martes, 31 de octubre de 2017

CABAZA, CABACIÑA...

Na entrada do colexio temos expostas todas as cabazas que foron chegando...










31 DE OUTUBRO...

Fotos do acontecido hoxe no colexio, ao longo de toda a mañá...
A gran maioría dos nenos e nenas viñeron xa, disfrazados e pintados da casa. Outros aceptaron pintarse no cole. As profes NATALIA e SANDRA, ocupáronse diso!.




No recreo e na Hora de Ler, o alumnado de Primaria puido participar en uns xogos preparados polo profesorado no pavillón:



Algunhas fotos de grupos:






Photocall:


No comedor:



lunes, 30 de octubre de 2017

LENDAS E HISTORIAS NA COVA: O HOME DO ESPELLO


Aldara e Candela contáronlles "O HOME DO ESPELLO" aos nenos e nenas de 3º. Como o espazo da cova é moi reducido, tiveron que facer dúas sesións!




DECORANDO ALGUNHA CLASE...

Os nenos e nenas de 6º EI (5 anos) teñen a clase decoradísima para os próximos días!!


domingo, 29 de octubre de 2017

LENDAS E HISTORIAS NA COVA

Outra actividade organizada desde o Equipo da Biblioteca Escolar coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística.
Deixámosvos aquí a información e as normas da actividade:

O próximo luns, 30 de outubro, xa temos a nosa primeira narración. Aquí vos deixamos o cartel informativo:

viernes, 27 de octubre de 2017

RADIO CABANAS 17-18 Nº 2

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. 

Ese día foi o martes, así que, nós aproveitamos para celebralo hoxe co noso programa de radio.

Coordinadora: ZELTIA (6º)
Presentadores: SARA (6º) e TEO (5º)
Técnicas: CANDELA (6º) e CAROLINA (5º)

Participantes: alumnado de 5º e 6º de Infantil, alumnado de 6º de Primaria
Audiencia: todo o alumnado do cole


Iniciamos o programa (logo de felicitar aos que estiveron de aniversario desde o programa anterior), cos nenos e nenas de 6º de Infantil (5 anos) que recitaron unha poesía sobre o tema no que estiveron a traballar na clase: OS VOLCÁNS



A continuación, foi a actuación do alumnado de 5º de Infantil (4 anos): unha canción con baile incluído de Pinocho:


IRIA e MARTÍN de 6º contáronnos como lles foi (a eles e aos seus compañeiros/as) en Os Peares, na "ENGLISH WEEK", ademais, contestaron ás preguntas que lles fixeron varios alumnos e alumnas do centro:




Logo, o noso programa tornouse un pouquiño serio... Como din os presentadores non podemos esquecer o que pasou en Galicia, nos nosos montes,... Por iso, o alumnado de 6º de Primaria quixo facer unha chamada en defensa da nosa terra e expresar este sentimento que compartimos todos e todas!


E, para rematar, non podía faltar a predición do tempo. Nesta ocasión foi DIEGO (6º EP) quen nos falou do tempo bon e do tempo malo... xa sabemos que todo é relativo...