viernes, 10 de marzo de 2017

PROGRAMA Nº 6 RADIO CABANAS: ESPECIAL ANDRÉS DO BARRO

O programa de hoxe, estivo adicado ANDRÉS DO BARRO

A proposta xurdiu do Concello, que, declarou o ano 2017 como "ANO ANDRÉS DO BARRO" (ano no que se celebra o 70 aniversario do seu nacemento).
Aínda que naceu en Ferrol, a súa vida estivo vinculada a Cabanas, en concreto á parroquia de San Martiño, onde pasaba longas tempadas. 
Isto reflexouse na súa obra, tanto nas letras das súas cancións coma na elección dos escearios para os seus vídeos. Aquí vos deixamos un exemplo: "CORPIÑO XEITOSO"


Logo, desta pequena introducción, ímosvos contar como foi o programa de radio...

Coordinadora: MENCÍA (6º)
Presentadores:SANTI (6º) e CLAUDIA (5º)
Técnicas de Son: TEO e MANUEL (6º)
Participantes: 3º, 4º, 5º e 6º de EP
Audiencia: todo o alumnado do cole



ACTUALIDADE: O alumnado de 5º curso, elaborou un artigo sobre o roubo que houbo no colexio, a partires das entrevistas que lle fixeron a varios membros da comunidade educativa. ZELTIA, MARTÍN, XAVI e SARA, explicáronnos o contido deste artigo.



Logo, puidemos escoitar o audio dunha gravación do alumnado de 5º curso, interpretando unha canción de SOFÍA ESPIÑEIRA, "MARUXIÑA" que fala dunha aldea na que hai ladróns...


A continuación, deron paso á sección especial sobre ANDRÉS DO BARRO:

BIOGRAFÍA ANDRÉS DO BARRO: MARA (5º) e DAVID (6º)


Despois, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, interpretou diferentes cancións deste músico:







Ademais, OLAYA e ANA de 6º de Primaria, interpretaron "PANDEIRADA"



Para rematar o programa, todo o alumnado se moveu ao ritmo de "O TREN"!!



Ata aquí a nosa homenaxe a ANDRÉS DO BARRO... Que vos pareceu??

1 comentario:

  1. Aprendemos moito tod@s sobre a figura de Andrés Do Barro. Moi interesante!

    ResponderEliminar