viernes, 6 de octubre de 2017

RADIO CABANAS 17-18 Nº 1


Primeiro PROGRAMA DE RADIO CABANAS deste curso!

Ao ser o primeiro, o alumnado de 6º é o encargado da súa preparación.


Coordinadoras: IRIA E PUERTO (6º)
Presentadores: ÁNGEL (6º) e LUCÍA PAZOS (6º)
Técnicos de Son: DIEGO (6º) e ARTURO (6º)
Participantes: alumnado de 6º EI e 6º de Primaria
Audiencia: todo o alumnado do cole






Como xa sabedes, en cada programa, o primeiro é felicitar a todos aqueles que estiveron de cumple dende o programa anterior, que neste caso foi a finais de maio. Como podedes supoñer houbo que nomear a un bon lote de nenos e nenas!!

Ademais, este programa foi para dar a benvida a todos aqueles nenos e nenas que se incorporaron ao noso colexio este curso: empezando polos máis pequeniños, os de 3 anos (Ricardo, Yoel, Catuxa, Rosalía, Hugo, Jialei, Pablo, Diego, Jade, Asier, David, Aroa e Itziar)) e pasando por outros máis maiores que viñeron para outras clases (Olivia, Miguel, Yeray, Daniel e Lucía)
Non esqueceron, tampouco, dar a benvida ás profes novas que están con nós este curso (Laura, Elisa, Karina, Eli e Leticia), a Sonia (que está de volta), a Devon (a auxiliar de conversa) e, por suposto, ao noso conserxe, Andrés.

ZELTIA entrevistou a dúas alumnas de 6º de Infantil (Alicia e Icía) que nos falaron do proxecto no que estiveron traballando na súa clase: OS VOLCÁNS (temos na entrada do cole unha exposición cos volcáns que trouxeron os alumnos/as das súas casas). Ademais, outros alumnos/as da mesma clase deron uns consellos para os nenos de 3 anos, con canción incluída!



JAIME presentou:
- "O MARABILLOSO CIRCO DE CABANAS" coas súas mascotas: o mono, o león, a vaca, o guepardo, a tartaruga e a galiña Turuleca!



- "AS PRECIOSAS BAILARINAS"





- AS PAIASAS "PILI E MINI"


Nesta ocasión, da predición meteorolóxica ocupouse Ángel, o presentador. Disque imos seguir tendo tempo de verán no outono!

Para rematar o programa, todo o alumnado de 6º de Primaria interpretou a canción "WELCOME BACK TO SCHOOL" invitando a todo o cole a bailar!


Vaia programa máis chulo para comezar o curso, preparádevos porque isto non fai máis que empezar!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario