viernes, 27 de octubre de 2017

RADIO CABANAS 17-18 Nº 2

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. 

Ese día foi o martes, así que, nós aproveitamos para celebralo hoxe co noso programa de radio.

Coordinadora: ZELTIA (6º)
Presentadores: SARA (6º) e TEO (5º)
Técnicas: CANDELA (6º) e CAROLINA (5º)

Participantes: alumnado de 5º e 6º de Infantil, alumnado de 6º de Primaria
Audiencia: todo o alumnado do cole


Iniciamos o programa (logo de felicitar aos que estiveron de aniversario desde o programa anterior), cos nenos e nenas de 6º de Infantil (5 anos) que recitaron unha poesía sobre o tema no que estiveron a traballar na clase: OS VOLCÁNS



A continuación, foi a actuación do alumnado de 5º de Infantil (4 anos): unha canción con baile incluído de Pinocho:


IRIA e MARTÍN de 6º contáronnos como lles foi (a eles e aos seus compañeiros/as) en Os Peares, na "ENGLISH WEEK", ademais, contestaron ás preguntas que lles fixeron varios alumnos e alumnas do centro:




Logo, o noso programa tornouse un pouquiño serio... Como din os presentadores non podemos esquecer o que pasou en Galicia, nos nosos montes,... Por iso, o alumnado de 6º de Primaria quixo facer unha chamada en defensa da nosa terra e expresar este sentimento que compartimos todos e todas!


E, para rematar, non podía faltar a predición do tempo. Nesta ocasión foi DIEGO (6º EP) quen nos falou do tempo bon e do tempo malo... xa sabemos que todo é relativo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario