viernes, 3 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

Ás dez e media da mañá, comezou o noso día especial.
Tivemos un espectáculo de maxia, organizado para nós polo Concello de Cabanas. Nesta ocasión, os magos eran: ROMÁN GARCÍA e KIKO PASTUR. Estes irmáns presentaron un espectáculo que durou hora e media, e, vendo as fotos dos nenos e nenas do cole, podemos dicir que nos sorprenderon e que desfrutamos moito!



Despois do recreo, tiñamos todo preparado fóra (no novo patio de infantil) para o MAGOSTO, pero... a chuvia fíxonos trasladar todo para dentro. O alumnado de Primaria quedou no patio cuberto e o de Infantil na entrada do cole:






No hay comentarios:

Publicar un comentario