miércoles, 30 de mayo de 2018

GRAZAS DEVON!

THANK YOU DEVON!

Este é o título da entrada do blog "ELADIA MARIÑO SPEAKS ENGLISH", no que hoxe vos mostramos a presentación que NATALIA fixo, de recordo, para DEVON, a nosa auxiliar de conversa deste curso.
Hoxe foi o último día que estivo no cole con nós, e, claro, convertiuse nun día especial: foi polas clases e quixo que todos os nenos e nenas asinaran unha bandeira galega para levala de recordo...
Os primeiros: os mais pequerrechos do cole!!



Despois do recreo, tiñamos unha sorpresa preparada: xuntámonos tod@s no patio cuberto para mostrarlle a presentación de fotos e vídeos:


Se pinchades na seguinte imaxe poderedes ver a presentación:


Pero, aí non rematou todo. Devon trouxo unha gran bolsa chea de regalos para TODOS os nenos e nenas!!

GRAZAS DEVON!!

lunes, 28 de mayo de 2018

EXCURSIÓN A MARÍN

Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria foron hoxe de excursión ao Ecoparque Marín. Aínda que fixeron a viaxe de volta mais cedo do previsto (xa que a tormenta non lles permitía seguir cas actividades) polo que nos contan, e vemos nas fotos e vídeos que fixeron, pasárono xenial!!
Click to play this Smilebox slideshow


Ademais, dixéronnos que un dos nosos alumnos, ALEX de 6º, foi o supercampión do día! Disque ata os monitores quedaron sorprendidos con el, xa que foi quen de facer o circuito 4 (que ningún neno fai) e ademais en tempo record!!

miércoles, 23 de mayo de 2018

FRANKENSTEIN

Hoxe, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria foron ao teatro JOFRE de Ferrol, para asistir á representación da obra FRANKENSTEIN polo grupo GHAZAFELHOS:










martes, 22 de mayo de 2018

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Levábamos bastantes semanas con esta actividade organizada, cunha condición: que se puidera levar a cabo no exterior. Uns días polo tempo, que non era axeitado, e outros días porque había outras actividades organizadas, fomos retrasándoa ata hoxe.

Nesta ocasión, os padriños foron os nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria, e, os afillados os de Infantil, 1º e 2º de Primaria:

EXPOSICIÓN DE LIBROS NOVOS








miércoles, 16 de mayo de 2018

GHAZAFELHOS: IRIÑA BAILARINA

Hoxe, no "PATIO DE DIEGO" asistimos á representación de "IRIÑA BAILARINA" a cargo da Compañía GHAZAFELHOS.
Quedamos encantad@s coa obra. Estivo xenial!!




 





RADIO CABANAS Nº 9: ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Programa especial de radio adicado ás LETRAS GALEGAS, que este ano rinde homenaxe a Mª VICTORIA MORENO.

Nesta ocasión contamos co seguinte equipo:

Presentadores:ANTÍA (5º) e JAIME (6º)
Coordinadora: CANDELA (6º)
Técnicos: DANI (5º) e SARA (6º)
Participantes: alumnado de 1º, 3º, 5º e 6º de Primaria
Dirixido a todo o alumnado do centro.


Iniciouse o programa, logo da presentación do equipo, coa sección habitual de "PARABÉNS a todos os que cumpriron anos desde o programa anterior:



A continuación, viaxamos no tempo grazas a CLAUDIA e ALDARA de 6º coas que puidemos presenciar unha entrevista con Mª VICTORIA MORENO:






O alumnado de 3º representou o "ROMANCE DA BELA ROSA" de SÉS:





GAEL, NORDÉS, LUNA, ANTÓN, CLARA e MIGUEL, de 1º EP,  ocupáronse das BOAS NOVAS:





Logo, NORDÉS, DANIELA, SOFÍA RODRÍGUEZ, VEGA, PAULA, SOFÍA CARIDAD, LARA, XAVI, LEO e LUNA, recitaron para todos o poema "UN CACHIÑO DE BICA" de Mª Victoria Moreno:



A continuación, algúns nenos e nenas de 5º EP interpretaron un rap sobre a SOLIDARIEDADE:


DIEGO, de 6º EP, ocupouse como xa ven sendo habitual do TEMPO. Como poderedes ver, logo de anunciar que non temos clase nin o xoves nin o venres, casi non lle deixan contar como vai ser o tempo estes días...


E, aínda que non temos vídeo para mostrarvos, o programa rematou co baile colectivo do tema de PACO NOGUEIRAS "Meu o mundo é!"

lunes, 14 de mayo de 2018

IRIÑA BAILARINA

O próximo mércores, 16 de maio, teremos no colexio ao grupo GHAZAFELHOS que representarán para todo o cole a obra IRIÑA BAILARINA
Esta actividade a organiza o Concello de Cabanas para conmemorar o Día das Letras Galegas.



miércoles, 9 de mayo de 2018

VISITA AO IES FRAGA DO EUME

O alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o IES Fraga do Eume, onde a maior parte deles van cursar estudos a partir do próximo curso:














viernes, 4 de mayo de 2018

ANDRÉS: O NOSO CONSERXE

No cole somos moi afortunados!
Temos un conserxe, ANDRÉS, co que estamos encantados!!
Ademais de facer todas as súas tarefas xenial, sempre está disposto a colaborar co profesorado e co alumnado en todo. 
Estes días, ademais de xogar cos nenos e axudarlles no que lle piden, estivo a facer un montón de avións de papel. 
Temos no cole un verdadeiro "enxeñeiro" do papel: voan de marabilla, e os nenos e nenas encantados!










jueves, 3 de mayo de 2018

VISITA DE MARÍA CANOSA

Hoxe, os alumnos e alumnas de 3º, 5º e 6º de Primaria, recibiron a visita da escritora MARÍA CANOSA


Durante o segundo e o terceiro trimestre deste curso, os alumnos e alumnas dos cursos mencionados leron uns libros desta autora. Os libros escollidos foron os seguintes:

O alumnado de 3º  EP: RUBICUNDO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º EP: MURIEL


Deixámosvos unhas fotos da visita: